Comezaron as obras de instalación de cunetas transitables na EP 0508 Curro-San Amaro, no municipio de Barro. Esta obra corre a cargo da Deputación de Pontevedra dentro do Acordo Marco para ofrecer estes elementos de seguridade a estradas da rede provincial en puntos en que resulta imposible crear sendas ou plataformas únicas.
Unha vez que finalice a instalación nesta vía continuarase na EP 8004 Caldas - Vilanoviña, segundo indica a institución provincial.
A Deputación Provincial ten previsto actuar en 77 estradas provinciais de 50 municipios para dotalas deste servizo, cun investimento de 1,9 millóns de euros.
Con esta proposta búscase seguridade viaria e potenciar que as persoas transiten polas marxes das estradas provinciais con garantías en espazos onde os muros, as vivendas ou outras circunstancias impiden ampliar a plataforma para facilitar o paso peonil.
Se colacará tamén tubaxes para drenar os viarios con instalación de arquetas e recrecido de pozos. Desta forma quérense substituír paulatinamente as vellas cunetas cun deseño profundo e que resultaba pouco funcional porque tendían a cegarse, segundo indican desde a Deputación.