Creatividade a base de mexillón no Carlos Oroza

Pontevedra
11 de decembro 2015

Os alumnos da escola de hostalería pontevedresa participaron nunhas xornadas que tentan potenciar o uso do mexillón como "produto estrela" dos menús de Nadal

Asistentes ao showcooking no Carlos Oroza Mexillón de Galicia

Mcburger mexillón, mexillón á galega con escuma de pataca, castaña e mexillón ou brotes, algas e falso ceviche de mexillón. Así se chaman algunhas das propostas elaboradas polos alumnos do Carlos Oroza nun 'showcooking' organizado polo Consello Regulador Mexillón de Galicia.

Os futuros cociñeiros, que completan a súa formación na escola de hostalería pontevedresa, asumiron o reto de colocar ao mexillón no centro das súas propostas.

Tratábase dunhas xornadas que tentaban promocionar o uso deste bivalvo dentro dos menús de Nadal.

Durante o xoves os alumnos xa sorprenderon con algunhas das súas creacións, como un mexillón agridoce con escuma de mar, unha tartaleta de mexillón e aguacate, dados de mexillón e chourizo ou un cucurucho de mexillón con velouté ou cúrcuma.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora