A Consellería de Sanidade anuncia cribados en seis concellos da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés co obxectivo de detectar a aquelas persoas asintomáticas que favorecen a propagación do virus.
Ao municipio de Bueu, onde se iniciaron estes cribados o venres, súmanse Cambados, Vilagarcía e Cuntis.
Ademais este sábado continúan realizándose cribados na empresa conserveira Connorsa, en Vilaboa, onde están citadas 140 persoas.
O luns volverán realizarse probas en Vilagarcía, no centro comercial, a 273 veciños.
En Pontevedra tamén están chamados estes días para realizarse unha PCR un total de 140 alumnos e traballadores do centro de educación especial Príncipe Felipe.