Criminoloxía, novidade nunha UNED Pontevedra que abre o seu prazo de matrícula

Pontevedra
10 de xullo 2017

O novo curso da UNED chega con novidades en Pontevedra. Incorpórase á oferta o grao de Criminoloxía que, do mesmo xeito que o resto das carreiras, abre este luns o seu prazo de inscrición. Estará aberto ata o próximo 20 de outubro

Centro Asociado da UNED en Pontevedra
Centro Asociado da UNED en Pontevedra / Mónica Patxot

O novo curso da UNED chega con novidades en Pontevedra. Incorpórase á oferta o grao de Criminoloxía que, do mesmo xeito que o resto das carreiras, abre este luns o seu prazo de inscrición. Estará aberto ata o próximo 20 de outubro.

Estes estudos, amplamente demandados tanto desde dentro como desde fóra da universidade, comezarán a impartirse desde o curso que vén no centro asociado á UNED de Pontevedra, situado en Monte Porreiro.

Estruturado en catro cursos académicos, o grao en Criminología da UNED preséntase como un proxecto colectivo no que participan cinco facultades e unha escola técnica superior -Dereito, Ciencias Políticas e Socioloxía, Psicoloxía, Ciencias, Filoloxía e a ETSI de Informática-, que implica a máis de 100 profesores e 20 departamentos.

Criminolozía, segundo a propia UNED, diferénciase do resto de titulacións similares precisamente polo enfoque psicolóxico e social que achega o seu carácter multidisciplinar e que sitúa ao novo grao na liña máis actual das correntes criminolóxicas. Ademais, o grao incluirá prácticas, que se ofertará nunha dobre modalidade, presencial ou virtual.

Durante o próximo curso académico 2017-2018 implantaranse simultaneamente os dous primeiros cursos, co obxectivo de facilitar o recoñecemento de créditos a aqueles estudantes que posúan outras titulacións. Os seguintes comezarán en anos sucesivos.

Loss estudantes de calquera titulación de grao sen limitación de prazas e que non teñan que solicitar admisión previa poden matricularse xa na páxina web da UNED.

Aqueles de outras universidades con estudos parciais e quen realizase a selectividade ou superado o acceso para maiores de 25 ou 45 anos noutra universidade deberán realizar a solicitude de admisión e traslado de expediente antes do 20 de outubro.

A UNED ofrece ademais a posibilidade de realizar calquera dos seus 11 graos combinados, unha modalidade que permite obter dúas titulacións de grao distintas cursando unha delas completa e, como máximo, a metade dos créditos necesarios para a obtención da segunda.