Críticas do PP ao mal estado dos accesos ás praias do Grove

O Salnés
30 de xuño 2023

Os populares afirman que "non se pode nin baixar á praia" e reclaman unha intervención inmediata e urxente por parte do Concello para solventar as incidencias detectadas que poñen en risco a saúde das persoas que camiñan por estes espazos nas zonas da Lanzada ou San Vicente

Pasarela estragada no Grove
Pasarela estragada no Grove

O Partido Popular do Grove pide unha intervención inmediata e urxente do Concello do Grove para resolver diversas incidencias detectadas en paseos e accesos aos areais.

Segundo expoñen os populares, o Concello "non ten nada preparado e dedícase a espantar aos turistas" de zonas como San Vicente ou A Lanzada.

"Non se pode nin baixar á praia", aseguran desde a agrupación popular, que lembra a obrigatoriedade lexislativa de que as praias sexan accesibles.

Alertan do perigo e o risco para a saúde que se presenta coas pasarelas esnaquizadas e o incremento de maleza en diferentes puntos turísticos do municipio.