Croquetas de bonito do norte ao estilo Pescamar

Pontevedra
13 de outubro 2018

O bonito do norte é un peixe azul rico en graxa saudable. A esta calidade, hai que engadir os efectos beneficiosos para a saúde cardiovascular que Conservas Pescamar potencia co enlatado en aceite de oliva

Croquetas
Croquetas

Chegamos a unha nova entrega de "A cociña  gourmet en conserva" cunha receita para toda a familia: as croquetas. Nesta ocasión, Conservas Pescamar proponnos unha elaboración con bonito do norte, a especie máis cotizada dentro da familia dos túnidos.

O bonito do norte é un peixe azul rico en graxa saudable. A esta calidade, hai que engadir os efectos beneficiosos para a saúde cardiovascular que Conservas Pescamar potencia co enlatado en aceite de oliva "xa que unen ás calidades positivas dos ácidos graxos poliinsaturados Omega 3, o feito de que achegan unha cantidade importante de ácido oleico procedente do aceite de cobertura", como nos lembra o FROM, o organismo do Ministerio de Agricultura e Pesca encargado de regular o mercado dos produtos do mar, en cuxa web se recolle esta receita.

Para preparar unhas deliciosas Croquetas de Bonito do Norte en aceite de oliva Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes (para 4 persoas):

- 3 latas de Bonito do Norte en aceite de oliva Pescamar

- 80 g de fariña

- 240 ml de leite

- 2 ovos

- 40 g de manteiga

- Pan relado

- Aceite de oliva virxe extra

- Sal

Preparación:

Poñemos un cazo no lume coa manteiga para que se derreta. Botamos a fariña e imos mesturando coa manteiga. Engadimos leite aos poucos mentres se vai formando a masa.

Esmigallamos as tres latas de Bonito do Norte en aceite de oliva Pescamar, previamente escorridas. Engadimos á mestura e imos dando voltas.

Mentres, nun cazo con auga fervendo, faise un ovo durante 10 minutos ata que estea duro, déixase arrefriar, pélase e faise picado.

Por último, engádese á mestura o ovo duro xunto cun pouco de sal. Se nos resulta difícil ligar ben os compoñentes, podemos usar o batedor a baixa velocidade.

Dispoñemos a masa sobre unha fonte e deixamos arrefriar.

Tomamos pequenas porcións da masa cunha culler e formamos as croquetas en forma de bólas ou alongadas, ao gusto. A continuación, pasámolas polo ovo batido e o pan relado.

Fritimos as croquetas en aceite abundante e ben quente ata que queden douradas por ambos os lados.

En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña  gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.