Cruz Vermella atendeu este ano a 2.388 persoas da comarca afectadas pola pobreza

Pontevedra
30 de decembro 2015

O actual contexto de crise socioeconómica levou a Cruz Vermella por unha banda a reforzar os programas habituais de resposta social e de loita contra o desemprego e a discriminación no mercado laboral e por outro, a poñer en marcha unha serie de intervencións específicas como son o plan de alimentos, ou a entrega de material escolar, e o pago de subministracións entre outros

Persoa en situación de pobreza
Persoa en situación de pobreza

Durante o 2015 na comarca de Pontevedra, Cruz Vermella atendeu a 2.388 persoas desde os programas de loita contra a pobreza.

O actual contexto de crise socioeconómica levou a Cruz Vermella por unha banda a reforzar os programas habituais de resposta social e de loita contra o desemprego e a discriminación no mercado laboral e por outro, a poñer en marcha unha serie de intervencións específicas como son o plan de alimentos, ou a entrega de material escolar, e o pago de subministracións entre outros.

A través do financiamento de administracións públicas como o Fondo de Axuda aos máis desfavorecidos da Unión Europea (FEAD), Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, o Fondo Social Europeo e fondos propios, na comarca de Pontevedra repartíronse 2.040 prestacións sociais durante este ano 2015.

O labor do voluntariado é fundamental para o desenvolvemento destas accións fronte á crise xa que tamén interveñen na recepción, almacenaxe e distribución de produtos así como na entrega ás familias, que han de cumprir unha serie de requisitos socioeconómicos.

Ademais, participan nos talleres sobre economía doméstica ou consumo responsable e colaboran na acollida das familias realizando as entrevistas personalizadas. Máis de 15 persoas participaron durante este ano 2015 no programa de apoio urxente como voluntarios.