O entroido non entende de idades e esa é a máxima que presidiu este pasado xoves 8 de febreiro a iniciativa realizada por Cruz Vermella na residencia de Campolongo.
A través do programa de maiores e contando tamén con Cruz Vermella Mocidade celebrouse unha festa de entroido interxeracional.
Un centenar de persoas, entre maiores, mozos e mozas, nenos e voluntarios de Cruz Vermella celebraron estas datas cunha festa cuxos disfraces tiñan como temática os superpoderes. Houbo merenda, bailes, photocall e a animación correu a cargo da comparsa Os Solfamidas de Campo Lameiro.
Con iniciativas como esta, Cruz Vermella busca promover a participacion na vida social das persoas maiores, combater a soidade non desexada, fortalecer vínculos entre quen participa, así como o intercambio interxeracional.
No último ano, e dentro da comarca de Pontevedra, Cruz Vermella atendeu a máis de 180 persoas co programa de maiores, que conta con financiamento da Xunta.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.