Cruz Vermella Pontevedra conta con 6.533 voluntarios dos cales 379 se incorporaron durante este ano

Pontevedra
04 de decembro 2014

Este venres 5 de decembro celébrase o Día Internacional do Voluntariado e Cruz Vermella Pontevedra quere destacar o seu importante papel nesta organización que conta con 6.533 voluntarios na provincia dos cales 379 se incorporaron durante este ano

Voluntarios de Cruz Vermella PontevedraViva

Este venres 5 de decembro celébrase o Día Internacional do Voluntariado e Cruz Vermella Pontevedra quere destacar o seu importante papel nesta organización que conta con 6.533 voluntarios na provincia dos cales 379 se incorporaron durante este ano.

O perfil maioritario do voluntariado de Cruz Vermella na actualidade é muller, de 38 anos e estudos secundarios.

En concreto o 54,91% dos voluntarios son mulleres e a maioría ten unha idade comprendida entre os 31 e 40 anos (o 36,02%), sendo a idade media de 38 anos con estudos superiores o 46,19%. Cabe sinalar que o 4,06% do voluntariado de Cruz Vermella é de orixe estranxeira.

Dende Cruz Vermella recordan que un dos seus motores fundamentais na súa acción humanitaria son os voluntarios que fan posible o desenvolvemento de actividades e proxectos día a día.