Cruz Vermella Pontevedra inicia a venda dos boletos para o Sorteo do Ouro. Por primeira vez nos seus 40 anos de historia, o Sorteo de Ouro aprazou a súa cita anual de xullo para o próximo 26 de novembro, debido á pandemia.
Cruz Vermella puxo en marcha o Plan Responde, un plan concreto de actuación e resposta integral para atender ás persoas máis vulnerables afectadas por esta crise e que supuxo a maior mobilización de recursos, capacidades e persoas na historia de Cruz Vermella. Grazas a este plan, na comarca de Pontevedra atendéronse ata o momento a 6.462 persoas, en máis de 34.100 respostas. Isto foi posible grazas a quen co seu apoio e solidariedade fan que as cousas cambien.
O Sorteo de Ouro é fundamental para o desenvolvemento de todo o labor solidario de Cruz Vermella.
Cada boleto custa cinco euros e con esta cantidade pode tocar un primeiro premio tres millóns de euros. Aínda que o verdadeiro valor de cada boleto é facer posible que as cousas cambien.