O goberno local do Concello de Cerdedo-Cotobade presentou este luns o proxecto de construción do novo centro social e cultural para a parroquia de Tenorio xunto cos arquitectos redactores do proxecto.
O alcalde Jorge Cubela explicou que as obras comezarán neste mesmo ano cun investimento inicial de 198.000 euros na primeira fase e que terá partida específica nos orzamentos municipais 2019.
O recinto vai dispoñer dunha sala de grandes dimensións con capacidade para 300 persoas que permitirá acoller todos os eventos e actividades sociais e asociativas da parroquia máis poboada do concello.
Nesta parroquia están en marcha as obras de modernización integral e ampliación do Local da Banda de Música de Tenorio.
Este primeiro proxecto terá continuidade coa segunda fase xa no vindeiro ano cunha nova partida de 120.000 euros, que elevará a contía total deste investimento ata os 300.000 euros.