O Concello de Cuntis comezou esta semana a executar as obras de acondicionamento do inmoble que albergará as oficinas dos servizos sociais municipais.
A primeira fase destes traballos consiste na demolición das instalacións existentes, que estaban destinadas a vivenda, e na instalación de carpintería metálica.
Contan cun orzamento de 50.000 euros, financiados a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Os servizos sociais pasarán a estar agrupados nun mesmo local, unha vez se complete a reforma.
Este departamento conta con cinco profesionais de maneira fixa e catro de apoio a distintos programas. Este cambio permitirá, sinalan desde o Concello, unha mellor coordinación dentro do servizo e unha mellor atención ao cidadán.