Cuntis destina 100.000 euros á mellora dos accesos a Vilariño, Montesandeu e Carreira Ancha

Umia
29 de marzo 2022

O alcalde, Manuel Campos, recordou a importancia de manter en boas condicións a rede viaria do rural

Obras de mellora de etestradas no rural de Cuntis
Obras de mellora de etestradas no rural de Cuntis / Concello de Cuntis

O Concello de Cuntis investirá cerca de 100.000 euros na mellora dos accesos aos núcleos de Vilariño, Montesandeu e Carreira Ancha, en Troáns, a través do Plan Concellos da Deputación Provincial.

As obras realizaranse ao longo dos próximos meses e consistirán na renovación do firme, que presenta un estado deteriorado nalgúns tramos, na limpeza das cunetas para favorecer a drenaxe das augas pluviais e no mantemento da sinalización

Tamén se actuará nos bordes dos viais para ampliar o ancho da plataforma destinada a circulación de vehículos mellorando a fluidez do tráfico e as condicións de seguridade vial.

Este importante investimento en pistas rurais demostra o compromiso do goberno local co desenvolvemento das parroquias. Manuel Campos, alcalde de Cuntis, recordou que dende o comezo do seu mandato a rede viaria das parroquias é unha prioridade no capítulo de investimentos anuais, ao igual que o mantemento  dos servizos básicos no rural. Estas estradas foron realizadas hai vinte anos e presentan deficiencias graves no estado do firme.