Cuntis endurece a presión contra o Sergas despois de 40 días sen pediatra

Umia
23 de novembro 2018

Este venres tivo lugar unha nova concentración ante o centro de saúde de Cuntis en demanda da reposición do servizo de pediatría no concello

Concentración ante o Centro de Saúde de Cuntis
Concentración ante o Centro de Saúde de Cuntis / Concello de Cuntis

Este venres tivo lugar unha nova concentración ante o centro de saúde de Cuntis en demanda da reposición do servizo de pediatría no concello.

Xa se cumpliron 40 días sen unha persoa titular nese servizo, polo que os seus usuarios deben desplazarse ata o centro de saúde de Caldas de Reis para ser atendidos.

Os grupos políticos municipais acordaron este mediodía tras a comisión de contas celebrada na Casa do Concello, endurecer as medidas de presión sobre a administración autonómica.

En primeiro lugar van remitir un escrito asinado por todos os grupos políticos municipais aos grupos políticos do Parlamento de Galicia para que insten á Xunta de Galicia á reposición do servizo de Pediatría.

Ademáis convocan unha manifestación para o mércores 5 de decembro ás 20:00 horas que partirá dende o centro de saúde ata a Casa do Concello.

O acordo foi tomado por unanimidade por toda a corporación.