Cuntis informa de que a consulta sobre a parcelaria de Troáns deberá facerse por teléfono ou na web

Umia
20 de novembro 2020

Debido ás restricións marcadas pola pandemia da covid-19, fontes municipais informan de que non se poden expoñer os planos en papel no lugar de costume, a consulta debe realizarse a través da páxina web da Consellería do Medio Rural ou nos teléfonos do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra

Zona de Troáns, en Cuntis
Zona de Troáns, en Cuntis / Concello de Cuntis

O Concello de Cuntis comunica á súa veciñanza que a Consellería de Medio Rural aprobou o pasado 8 de novembro o acordo da reestruturación parcelaria da zona de Troáns-sector I polo que se establece a nova distribución da propiedade. Nos próximos días comezarán a realizarase as notificacións individualizadas a todas as persoas propietarias da zona.

Debido ás restricións marcadas pola pandemia da covid-19, fontes municipais informan de que non se poden expoñer os planos en papel no lugar de costume da zona.

Con todo, a partir da dita notificación poderán consultarse os planos do acordo da reestruturación parcelaria na páxina web da Consellería do Medio Rural no enderezo: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/concentracions-parcelarias-procesos.

Así mesmo, establécese a atención telefónica no Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra nos seguintes teléfonos: 986 805 433 - 886 206 599 - 986 805 448.

A maiores, se é preciso, durante a atención telefónica poderá concertarse a atención presencial con cita previa na sede deste Servizo situada na avenida María Victoria Moreno, número 43, 2º andar da cidade de Pontevedra.