Cuntis pavimenta o vial que une San Miguel de Couselo coa N-640

Umia
24 de abril 2021

A partir do luns comezarán as obras de mellora e pavimentación do vial que une a igrexa de San Miguel de Couselo coa N-640. Nesta actuación investiranse 64.000 euros

Vial entre San Miguel de Couselo e a N-640
Vial entre San Miguel de Couselo e a N-640 / Concello de Cuntis

A partir do luns comezarán as obras de mellora e pavimentación do vial que une a igrexa de San Miguel de Couselo coa N-640. Nesta actuación investiranse 64.000 euros.

Ata 41.000 euros veñen do Plan de Infraestruturas Rurais da Consellería de Medio Rural e 20.000 serán financiados polo Plan de Concellos da Deputación de Pontevedra. Os 3.000 restantes aportaraos o Concello, neste caso para tarefas de pintado e drenaxe.

O alcalde Manuel Campos, que visitou a zona acompañado polos concelleiros José Treviño e Ana Loureiro, destacou o importante investimento a executar nesta actuación que se levará a cabo mediante a aplicación de pavimento en quente.

Ademais, nestas obras contémplase a realización de melloras nas drenaxes, a limpeza das cunetas e a sinalización das marcas viarias.

"Trátase dunha mellora moi importante para a veciñanza de Couselo que vai permitir mellorar de maneira moi notable as comunicacións directas por estrada aos residentes nos lugares de O Pazo, Constenla e Couselo", indicou o alcalde.