Cuntis repara a senda do Gallo entre o centro de saúde e Portodegómez

Umia
27 de abril 2017

A senda peonil do río Gallo, ao seu paso polo municipio de Cuntis, está a ser mellorada para corrixir os estragos causados polos temporais do inverno. Segundo informou o goberno municipal, os traballos centráronse desta volta no treito que une o centro de saúde da vila e o lugar de Portodegómez, na entrada do casco urbano

Traballos de mellora da senda peonil do río Gallo Concello de Cuntis

A senda peonil do río Gallo, ao seu paso polo municipio de Cuntis, está a ser mellorada para corrixir os estragos causados polos temporais do inverno.

Segundo informou o goberno municipal, os traballos centráronse desta volta no treito que une o centro de saúde da vila e o lugar de Portodegómez, na entrada do casco urbano.

Os operarios axeitaron todo este ámbito e compactaron a capa de rodadura no paseo. Ademais, melloráronse todas as marxes do río.

Con estas obras, o Concello busca poñer a punto os lugares máis visitados do municipio, ao entender que son un atractivo turístico para a xente que acode á vila termal.