Cuntis revisa o estado dos colectores de saneamento da vila

Umia
13 de xuño 2017

O Concello de Cuntis realizou nas últimas horas unha revisión para comprobar o estado dos colectores de saneamento da vila, un traballo que efectuaron operarios municipais, técnicos de Augas de Galicia e a empresa Espina y Delfín

Revisión dos colectores de saneamento en Cuntis Concello de Cuntis

O Concello de Cuntis realizou nas últimas horas unha revisión para comprobar o estado dos colectores de saneamento da vila, un traballo que efectuaron operarios municipais, técnicos de Augas de Galicia e a empresa Espina y Delfín.

Todas estas infraestruturas foron inspeccionadas cunha cámara de alta definición para a detección de filtracións e conexións non rexistradas aos mesmos.

Ditas actuacións que continuarán nos próximos días pretenden reducir a filtración de augas pluviais e filtracións aos colectores de saneamento que reducen a capacidade de depuración da estación depuradora de augas residuais de Meira.

Nesta depuradora, o Concello de Cuntis está a investir 14.000 euros do Plan Concellos para o mantemento de equipos, intentando así mellorar a súa capacidade de depuración.

Ademais, o goberno municipal está a traballar en distintos proxectos de mellora de saneamento no rural de Cuntis e de mellora de depuradoras de augas residuais, para o que ten presentado en Augas de Galicia un proxecto de mellora das depuradoras, que se atopa á espera de autorización por parte deste organismo.

O Concello pretende así mellorar estas depuradoras que nalgúns dos casos están instaladas dende hai vinte anos, polo que necesitan dun programa de renovación e mantemento.