Cuntis sae de novo á rúa para reclamar "unha atención sanitaria digna"

Umia
18 de decembro 2021

Unhas nenas do servizo municipal de Cuntilín do CPI Don Aurelio foron as encargadas de ler o manifesto diante das portas do Concello

Manifestación por unha atención sanitaria digna en Cuntis
Manifestación por unha atención sanitaria digna en Cuntis / Concello de Cuntis

Os veciños de Cuntis volveron botarse á rúa este venres para demandar "unha atención sanitaria digna" para o municipio.

En concreto pídese á Xunta e á Consellería de Sanidade que poña remedio á falta de persoal e que se reforce de maneira inmediata o servizo de pediatría.

Na marcha participaron os portavoces de todos os grupos políticos do Concello de Cuntis e tamén representantes de BNG e PSOE de Moraña.

"Tamén lle queremos decir alto e claro que dende o Concello chegaremos a donde faga falta para loitar ata que se restableza este servizo nas próximas semanas e continuaremos coas iniciativas se non hai cambios", sinalou sobre a protesta o alcalde, Manuel Campos.

Unhas nenas do servizo municipal de Cuntilín do CPI Don Aurelio foron as encargadas de ler o manifesto diante das portas do Concello.