Un cura de Cuntis convoca un "acto de desagravio" pola estampa de Lalachus nas badaladas

Umia
03 de xaneiro 2025
Actualizado: 16:39

Tras as denuncias de Hazte Oír e Abogados Cristianos e as críticas da Conferencia Episcopal, a parroquia de Santa María dos Baños denuncia a "ofensa" na televisión pública

Montaxe publicado pola parroquia de Santa María dos Baños de Cuntis
Montaxe publicado pola parroquia de Santa María dos Baños de Cuntis / Parroquia de Santa María dos Baños de Cuntis

A polémica suscitada por mor da estampita da vaquilla de El Grand Prix que mostrou LalaChus durante as badaladas de TVE esta Noitevella chegou a Cuntis.

Tras as denuncias de Hazte Oír e Abogados Cristianos e as críticas da Conferencia Episcopal, o cura da parroquia de Santa María dos Baños de Cuntis decidiu convocar aos fregueses para un "acto de desagravio".

A cita é este venres 3 de xaneiro, ao finalizar a misa das 19.30 horas, segundo anuncia a parroquia a través das súas redes sociais.

Esta parroquia considera que mostrar esta estampita supuxo unha "ofensa" na televisión pública.

Como resposta, organizan un "acto de desagravio al Sagrado Corazón de Jesús", segundo detallan na rede social Facebook.

As badaladas de David Broncano e Lalachus desde a Porta do Sol que emitio TVE foron a pasada Noitevella líderes de audiencia e tamén foco de polémica.

Neste caso, porque nun momento da retransmisión a humorista Lalachus mostrou unha estampa do Sacro Corazón de Jesús coa cabeza da vaquilla do Grand Prix, na que estas entidades ven un ataque á relixión.

A denuncia da Fundación Española de Abogados Cristianos é contra a presentadora e tamén contra o presidente de RTVE, José Pablo López, polos delitos de incitación ao odio e outro contra os sentimentos relixiosos. No caso de López, pola súa mensaxe na rede social X dicindo "Feliz de trabajar con gente que arriesga".