Dá positivo en alcoholemia tras ser detectado circulando sen luces de cruce na avenida de Porteliña

Poio
07 de agosto 2023

Sucedía ás 00.10 horas deste luns. Axentes da Policía Local de Poio detectaba esta situación e, tras comprobar o positivo en alcoholemia e que as luces do turismo non funcionaban, o vehículo quedaba inmobilizado

O turismo que circulaba sen luces de cruce
O turismo que circulaba sen luces de cruce / Policía Local de Poio

Axentes da Policía Local de Poio daban o alto ao condutor dun vehículo ás 00.10 horas deste luns despois de observar que o turismo circulaba sen iluminación de cruce pola Avenida de Porteliña.

Someteuse ao condutor a unha proba de alcoholemia e os axentes comprobaron que o resultado era positivo. 

O vehículo tamén quedaba inmobilizado ao detectar que as luces non funcionaban.

Desde a Policía Local de Poio lembran que conducir cunha taxa de alcol superior á permitida se castiga cunha sanción de ata 1.000 euros e a retirada de entre 4 e 6 puntos do permiso de conducir. Se a taxa supera o 0,60 Mg de alcol en aire expirado pasaría a ser unha infracción penal. 

Sinalan que no caso de detectar consumo de drogas se sanciona cunha multa de mil euros e a perda de seis puntos.