Dá positivo en alcol en aire expirado e, non conforme, solicita o de sangue, tamén positivo

Poio
20 de agosto 2022

O condutor enfróntase a unha sanción de 500 euros e a retirada de 4 puntos. Ademais, deberá abonar un total de 129,19 euros pola realización das probas regulamentarias ao dar positivo en sangue

A Policía Local de Poio nun control de alcoholemia
A Policía Local de Poio nun control de alcoholemia / Policía Local de Poio

A Policía Local de Poio comunicou que localizou a un condutor reincidente en dar positivo nun test de alcoholemia. A proba, realizada este luns foi positiva en aire, pero o home pediu realizar unha extracción de sangue en laboratorio, a cal foi positiva en 0,74.

Segundo fontes policiais, o condutor foi localizado o 15 de agosto nun control da quenda de tarde. Fíxoselle o test de aire e foi positivo.

Unha vez confirmado, informaron o home dos seus dereitos establecidos desta infracción, e o interesado solicitou o dereito para realizar unha extracción de sangue por laboratorio autorizado.

O resultado do test comunicouno este venres o laboratorio, sendo positivo en sangue de 0,74 gramos por litro.

Agora, o condutor enfróntase a unha sanción de 500 euros e a retirada de 4 puntos. Ademais, deberá abonar un total de 129,19 euros pola realización das probas regulamentarias ao dar positivo en sangue.