David Amor, outro VIP pontevedrés que se atreve coas cociñas de MasterChef

Pontevedra
08 de maio 2025
Actualizado: 11:41

As gravacións de MasterChef Celebrity 10, segundo confirmou RTVE, comezarán en breve. A súa estrea está previsto para setembro. David Amor tomará o relevo do actor Francis Lorenzo

David Amor
David Amor / Concello de Poio

Pontevedra volverá estar presente en MasterChef. Será coa participación do humorista David Amor, que será un dos concursantes que se porá ao mando dos fogóns na décima edición con famosos do popular 'talent' gastronómico de TVE.

As gravacións de MasterChef Celebrity 10, segundo confirmou o ente público, comezarán nas próximas semanas. A súa estrea está prevista para setembro.

David Amor, que tomará o relevo do actor Francis Lorenzo, que chegou a ser finalista na tempada pasada, estará acompañado doutros quince participantes VIP.

Entre eles estarán os presentadores de televisión Mariló Montero e José Manuel Parada, as cantantes Soraya Arnelas, Mala Rodríguez e Charo Reina, o ex futbolista Miguel Torres, o actor Alejo Sauras ou a colaboradora de televisión Rosa Benito.

O casting desta décima edición complétanoos artistas Juanjo Bona e Necko Vidal, a humorista Valeria Ros, a influencer Masi, a xornalista Valeria Vegas, o mentalista Jorge Luengo e o colaborador de televisión Quique 'Torito'.

Concursantes de MasterChef Celebrity 10
Concursantes de MasterChef Celebrity 10RTVE

Ao longo da competición, os aspirantes enfrontaranse a toda clase de desafíos que porán a proba o seu talento, a súa habilidade e a súa creatividade ante os fogóns, mostrando que o seu éxito non se limita ás súas respectivas profesións, senón que ademais brilla na cociña.

O programa contará con invitados especiais e algúns dos ex aspirantes de MasterChef, mostrando o mellor da nosa gastronomía por todo o territorio nacional.

Un deles chegará aos máis alto e seguirá o ronsel marcado por Miguel Ángel Muñoz, Saúl Craviotto, Ona Carbonell, Tamara Falcó, Raquel Meroño, Juanma Castaño e Miki Nadal, Lorena Castell, Laura Londoño e Inés Hernand, os anteriores gañadores deste programa.