De Bueu á La Isla de las Tentaciones

Bueu
28 de decembro 2020

Hugo Pérez saltou á fama hai seis anos cando, acompañado da súa cabra, entrou na casa máis famosa da televisión, a de Gran Hermano. Agora, o de Bueu embárcase nunha nova aventura televisiva aínda que cambiando de compañeira. Será un dos participantes na terceira edición de La Isla de las Tentaciones, o programa revelación da pasada tempada. Xunto a Hugo estará a súa noiva Lara, coa que leva catro anos de relación

Hugo e Lara en La Isla de las Tentaciones
Hugo e Lara en La Isla de las Tentaciones / Mediaset España

Hugo Pérez saltou á fama hai seis anos cando, acompañado da súa cabra, entrou na casa máis famosa da televisión, a de Gran Hermano. Agora, o de Bueu embárcase nunha nova aventura televisiva aínda que cambiando de compañeira.

Será un dos participantes na terceira edición de La Isla de las Tentaciones, o programa revelación da pasada tempada. Xunto a Hugo estará a súa noiva Lara, coa que leva catro anos de relación. Poñerán a proba o seu amor.

En La Isla de las Tentaciones participan cinco parellas que, de maneira separada, convivirán con dez solteiros e solteiras que tratarán de seducilos.

Ambos se embarcan nesta aventura, segundo relatan na web de Telecinco, porque Lara necesita volver confiar en Hugo para poder, por fin, ter un fillo xuntos.

"Nosotros somos muy celosos y venimos aquí para intentar superar esos celos", explica o de Bueu, que agora ten 24 anos, no avance do programa.

Recoñecen que tras vivir unha etapa dourada ao comezo da relación, a parella sumou ata cinco rupturas nos últimos dous anos. 

Nunha delas el chego a irse do pobo e desaparecer da vida de Lara, unha moza de 27 anos que se define como unha muller cun forte carácter.

O programa foi gravado o pasado verán en República Dominicana e estrearase en xaneiro. Será entón cando saibamos se Hugo e Lara caeron na tentación ou se, a día de hoxe, continúan como parella e resolveron os seus problemas.