De Virxe do Camiño ata Santiago, 64 quilómetros e medio

Pontevedra
25 de xuño 2019

O Concello vén de instalar esta numeración a modo de morrón para evitar o tránsito de vehículos e para servir de referencia aos peregrinos que percorren o Camiño Portugués. Nos vindeiros días tamén se porá un indicativo na zona para explicar ás persoas que pasen polo lugar e, especialmente, aos peregrinos a que se debe esa numeración

Indicador quilométrico en Virxe do Camiño
Indicador quilométrico en Virxe do Camiño / Concello de Pontevedra

64,5 quilómetros separan a rúa Virxe do Camiño de Santiago de Compostela, o punto e final do Camiño Portugués. E por iso esa cifra terá, a partir de agora, un protagonismo especial neste ámbito urbano.

O Concello vén de instalar esta numeración a modo de morrón para evitar o tránsito de vehículos e para servir de referencia aos peregrinos que percorren o Camiño Portugués.

Nos vindeiros días tamén se porá un indicativo na zona para explicar ás persoas que pasen polo lugar e, especialmente, aos peregrinos a que se debe esa numeración.

Estas pezas substituirán aos actuais morróns cilíndricos colocados a petición veciñal para evitar o excesivo tránsito de vehículos pola rúa recentemente renovada.