Os rapaces da escola de educación infantil de Verducido participaron esta semana nunha visita a un dos centros de compostaxe comunitaria de Pontevedra dentro das actividades escolares organizadas ao abeiro do Plan Revitaliza da Deputación.
Alí, un mestre composteiro explicoulles o funcionamento do composteiro e os pequenos coñeceron como o lixo orgánico das casas se vai transformando en compost logo dun proceso que dura entre catro e cinco meses baixo a vixianza técnica de profesionais.
A intención destas actividades escolares do Plan Revitaliza da Deputación é concienciar ao alumnado da problemática dos residuos, acadar un cambio de actitudes e responsabilidade na separación do lixo orgánico doméstico, obter un compromiso persoal ante a redución dese lixo e co uso dos composteiros, e informar sobre a importancia da compostaxe como alternativa necesaria, ao ser máis económica e ecolóxica que os tratamentos actuais.