Decretan prisión sen fianza para os oito detidos por un alixo de 400 quilos de cocaína

O Salnés
21 de xaneiro 2019

As detencións realizábanse esta fin de semana a través dunha operación antidroga comandada polo Grupo de Resposta Especial para o Crime Organizado (Greco) da Policía Nacional

Furgón da Policía Nacional
Furgón da Policía Nacional

O xulgado número 1 de Vilagarcía decidía nas últimas horas que os oito detidos na operación antidroga desenvolvida nas Rías Baixas durante esta fin de semana vaian a prisión provisional comunicada e sen fianza.

Os integrantes desta banda están sendo investigados por tráfico de drogas e por pertencia a organización criminal. No operativo establecido polo Grupo de Resposta Especial para o Crime Organizado (Greco) da Policía Nacional lográbase a incautación de 400 quilos de cocaína.

A droga entrara, segundo fontes da investigación a través de Portugal. Chegou a Porto procedente, segundo os primeiros indicios, de Colombia.

A operación continúa aberta.