Denunciado por facer unha ponte a un farol para recargar o seu coche eléctrico

Poio
20 de agosto 2022

Logo de identificar ao propietario resultou ser un electricista de Granada que fixo un adaptador para roubar a corriente directamente e así viaxar de forma gratuita

Un vehículo eléctrico cargando as súas baterías de forma fraudulenta da rede pública
Un vehículo eléctrico cargando as súas baterías de forma fraudulenta da rede pública / Policía Local de Poio

Na quenda de tarde do pasado xoves día 18 de agosto sobre as 15:30 horas os axentes da Policía Local foron requiridos por unha posible defraudación de fluído eléctrico na explanada da Seca. 

Segundo informan fontes oficiais da Xefatura da Policía Local de Poio ao chegar ao lugar observaron a un vehículo Twizy E-Tech eléctrico 100% cargando directamente na rede eléctrica. 

Despois de identificar o propietario resultou ser un electricista de Granada que fixo un adaptador para roubar a corrente directamente e así viaxar de forma gratuíta. 

Os policías procederon a informar o xulgado dos feitos por un presunto delito leve de defraudación de fluído eléctrico.