Denuncian a aparición de catro aves de curral mortas no Gafos

Pontevedra
22 de novembro 2020

Integrantes da asociación ecoloxista Vaipolorío atoparon estes exemplares durante este domingo e alertaron a axentes da Policía Local de Pontevedra

Aves de curral mortas aparecidas no río Gafos Vaipolorío

Integrantes da asociación ecoloxista Vaipolorío atoparon durante este domingo catro aves de curral mortas en diferentes puntos do carreiro do río Tomeza- Gafos, espazo natural de Interese Local ENIL.

Inmediatamente, os representantes deste colectivo puxéronse en contacto coa Policía Local de Pontevedra para denunciar esta situación e que se investiguen as causas da morte destes animais.

Neste mesmo mes de novembro, Vaipolorío, que realiza periodicamente limpeza do río e da súa contorna, tamén alertou dunha nova vertedura no leito do río. Ata o lugar desprazábase persoal da Policía Autonómica e Augas de Galicia.