Denuncian a presenza dunha vertedura á ría en Praceres

Pontevedra
17 de febreiro 2021

Un particular comprobaba como este mércores 17 de febreiro arredor das 14.30 horas da tarde aparecía un líquido oleaxinoso nas augas da ría de Pontevedra procedente dunha tubaxe que desemboca no litoral na parroquia de Lourizán

Vertedura en Praceres /

Un particular alertaba este mércores 17 ao servizo de Emerxencias do 112 Galicia e a Augas de Galicia da Xunta ao presenciar como se producía unha vertedura dun líquido de cor marrón escura na parroquia pontevedresa de Lourizán, visible ao atoparse baixa a marea.

Segundo este particular, esta vertedura parece de tipo fecal procedente dun colector que desemboca nas augas da ría nas proximidades da praia de  Praceres, nas inmediacións da zona onde se atopa a Estación Depuradora de tratamento de augas.

O veciño que detectou esta nova vertedura á ría reclama a intervención das autoridades tanto municipais como autonómicas para que se investigue a procedencia e poida actuarse contra os causantes deste dano ecolóxico.