Denuncian o abandono da zona da Peralba na parroquia de Marcón

Pontevedra
12 de agosto 2018

A Plataforma O Rural Existe amosa a súa preocupación pola ausencia de sumidoiros, estradas en mal estado, maleza nos espazos públicos ou deterioro da ponte que comunica coa estrada de Ponte Caldelas

Maleza na Peralba O Rural Existe

 Eulogio Sartier, presidente da Plataforma O Rural Existe, alerta sobre a situación de abandono que padece a zona da  Peralba, na parroquia pontevedresa de Marcón.

Segundo indica, este lugar sofre problemas derivados da ausencia de rede de sumidoiros e da falta de limpeza da maleza que invade espazos públicos. Ademais sinalan que a estrada se atopa en mal estado, o estanque de recollida de auga para helicópteros permanece inhabilitado e a ponte que comunica o poboado coa estrada xeral de Ponte Caldelas está en malas condicións. 

Desde esta plataforma reclaman tamén a limpeza dos montes da contorna debido ao risco de incendios durante os meses de verán. O presidente deste colectivo sinala tamén que, desde o goberno local, faise caso omiso ás reclamacións e denuncias veciñais.