Denuncian un condutor que circulaba superando os límites de velocidade e co permiso de conducir caducado

Poio
25 de maio 2024

A Policía Local de Poio localizaba un condutor que circulaba pola parroquia de San Salvador a máis velocidade da permitida e con perda de vixencia do permiso de conducción sen realizar o curso de reeducación para recuperar os puntos

Jefatura de la Policía Local de Poio Policía Local de Poio

Axentes da Policía Local de Poio denunciaban un condutor por circular nun vehículo con perda de vixencia no permiso de condución sen realizar o curso de reeducación para recuperar os puntos que perdera do carné.

Durante un control preventivo de velocidade, os axentes detectaron o condutor excedéndose na velocidade permitida nunha tramo da parroquia de San Salvador. 

Unha vez que lle solicitaron o permiso, o home entregou aos axentes un documento xa caducado. 

Tras comprobar na base de datos, a Policía Local verificaba que o condutor carecía actualmente do permiso de circulación.

Os axentes instruíron as dilixencias como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria. Remitiron a documentación ao xulgado de garda para que o infractor sometésese a un xuízo rápido.