Un home de 78 anos de idade foi denunciado por unha patrulla da Policía Local de Pontevedra despois de ter detectado que realizaba un uso fraudulento dunha tarxeta de reserva de estacionamento nunha parada de uso exclusivo para persoas con mobilidade reducida.
O 15 de outubro, a patrulla atopábase na Praza de Valentín García Escudero, o lugar onde se tiña coñecemento de que unha persoa estaba a empregar unha tarxeta de discapacitado de maneira ilegal. Desta forma, os axentes comprobaron como nun dos vehículos estacionados atopábase unha tarxeta a nome dunha muller falecida hai dous anos.
Os policías procederon á denuncia e requiriron a presenza do guindastre municipal para retirar o vehículo. Nese momento, apareceu o home, que se identificou como o condutor do turismo e alegou que ía recoller a súa muller, titular da tarxeta. Momentos despois, o home recoñecía que a súa esposa falecera pero, a pesar diso, seguía a empregar a tarxeta para aparcar en prazas destinadas a persoas con discapacidade.
A Policía Local de Pontevedra procedeu á denuncia por estacionamento indebido e requisou a tarxeta.