A Unión Federal de Policía (UFP) remitiu un comunicado no que denuncian un "trato ditatorial e persecutorio" cara a persoal por parte da nova xefatura da Comisaría de Vilagarcía á que definen como un "paciente crítico".
Despois de máis dous anos denunciando constantemente a falta de axentes en Vilagarcía e o "nulo interese" por parte da Dirección Xeral da Policía por resolver o problema, a UFP suma agora "o problema dunha nova xefatura que pretende sacar de onde xa hai moito tempo que non hai".
Segundo este sindicato da Policía Nacional esta situación levou aos axentes a un "clima de tensión e desmotivación" que fai que uns se expoñan buscar unhas mellores condicións laborais despois de moitos anos de traballo en Vilagarcía e outros estean "ao bordo da baixa por tensión e depresión".
Neste comunicado a UFP asegura que a situación de Vilagarcía "hai tempo que é máis que un despropósito" e reprochan que "quen pode non parece ter intención de arranxala e mesmo se empeora".
Por este motivo indican que "cada vez é máis complicado garantir a seguridade cidadá e a integridade dos policías".
"Despois será tarde" e a UFP como xa dixo en varias ocasións pedirá responsabilidades "ata as ultimas consecuencias".