Denuncian un veciño de Marín por estacionar a súa caravana no aparcadoiro de autocaravanas

Pontevedra
15 de maio 2017

A Policía Local de Pontevedra realizou a primeira denuncia por un uso indebido do aparcadoiro especial para autocaravanas e campers habilitado nos antigos terreos de Tafisa. O denunciado deberá facer fronte a unha sanción económica de 100 euros e asumir os gastos do traslado ao depósito do guindastre

Caravana estacionada de forma indebida no aparcadoiro de Tafisa
Caravana estacionada de forma indebida no aparcadoiro de Tafisa / Policía Local de Pontevedra

A Policía Local de Pontevedra realizou a primeira denuncia por un uso indebido do aparcadoiro especial para autocaravanas e furgonetas campers habilitado nos antigos terreos de Tafisa. 

Segundo informou a Policía Local, o denunciado foi un veciño de Marín que estacionou a súa caravana no recinto, unha actuación indebida xa que a área está reservada para campers e autocaravanas. 

Os axentes municipais detectaron a caravana o 8 de maio e durante esa xornada e os días 9 e 10 acudiron ata en dez ocasiones a distintas horas do día e comprobaron que ninguén a utilizaba, de modo que formularon unha denuncia e trasladaron o vehículo ao parque do guindastre municipal. 

O denunciado deberá facer fronte a unha sanción económica de 100 euros e asumir os gastos do traslado ao depósito do guindastre. 

Tras esta denuncia, a Policía Local lembra que esta zona de estacionamento é exclusiva para autocaravanas e camper e que non se pode utilizar para deixar estacionado de forma permanente un vehículo. De feito, está prohibido para turismos e caravanas e as autocaravanas e camper tan só poden usala tres días ao mes.