Denuncian unha empresa de transporte por levar persoas en cadeira de rodas sen medidas de seguridade

Pontevedra
11 de xullo 2019

A Policía Local de Pontevedra detectou un vehículo de transporte colectivo de pasaxeiros que circulaba pola cidade levando a bordo persoas de mobilidade reducida sen os elementos de seguridade obrigatorios para evitar que os pasaxeiros en cadeira de rodas sufran lesións en caso de accidente

Falta de medidas de seguridade denunciada
Falta de medidas de seguridade denunciada / Policía Local de Pontevedra

A Policía Local de Pontevedra detectou un vehículo de transporte colectivo de pasaxeiros que circulaba pola cidade levando a bordo persoas en cadeira de rodas sen as correspondentes medidas de seguridade. 

A infracción detectouse nun control rutineiro e formulouse unha denuncia contra a empresa de transporte colectivo de pasaxeiros por falta de medidas de seguridade, pois o citado vehículo carecía dos elementos de seguridade obrigatorios para evitar que os pasaxeiros en cadeira de rodas sufran lesións en caso de accidentes.

A Policía Local lembra que do mesmo xeito que todos os ocupantes deben de levar posto o cinto de seguridade, para aqueles que pola súa mobilidade non poidan ocupar un asento e se vexan obrigados a circular coa súa cadeira de rodas, a normativa esixe que os vehículos dispoñan de elementos de suxeición.

Así, por normativa, cada espazo para cadeira de rodas debe estar equipado cun sistema de retención con capacidade para frear a cadeira de rodas e ao usuario.

Os espazos para cadeiras de rodas teñen que estar provistos dun sistema de retención da cadeira de rodas adecuado para as cadeiras de rodas en xeral que permita transportar a cadeira e ao usuario desta mirando cara á parte dianteira do vehículo.

Os espazos para cadeiras de rodas tambén deben estar provistos dun sistema de retención do usuario que inclúa, polo menos, dous puntos de ancoraxe e un dispositivo de retención da pelvis (cinto abdominal) deseñado e fabricado con compoñentes cuxo comportamento sexa similar ao dos cintos de seguridade conformes ao Regulamento Europeo.