O centro infanto-juvenil Agarimo estrea as súas novas instalacións en Príncipe Felipe

Pontevedra
30 de xullo 2025

A administración provincial investiú 1,1 millóns de euros na mellora integral deste centro, que presta servizo a 65 menores de idades comprendidas entre os 8 e os 18 anos

Inauguración da reforma do Centro Infanto-Xuvenil Agarimo
Inauguración da reforma do Centro Infanto-Xuvenil Agarimo / Deputación de Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto co vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, e a deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, visitaron este mércores o Centro Infanto-Xuvenil Agarimo.

Se trata dun dos tres centros que forma parte de Príncipe Felipe, onde a institución provincial realizou unha actuación de mellora integral.

Nesta reforma a Deputación investiu máis de 1,1 millóns de euros "para que os menores que se atopan aquí poidan desenvolverse nunhas instalacións dignas e adaptadas e eles", subliñou o presidente.

O edificio do Centro Infanto-Xuvenil Agarimo foi construído na década de 1970 e contaba cunha cuberta deteriorada, que ocasionaba filtracións e problemas de illamento.

Deste xeito, co investimento realizado, tense substituído a cuberta pero tamén acometido melloras en diferentes estancias e espazos onde se renovou o mobiliario, reparou a instalación eléctrica, modernizou o sistema de iluminación e instalou novo pavimento e novos detectores do sistema de protección contra incendios.

López, quen agradeceu o papel desenvolvido polo persoal traballador de Príncipe Felipe "para garantir o benestar dos menores".

Agarimo presta servizo a ata 65 menores de idades comprendidas entre os 8 e os 18 anos, aos que realiza seguimento escolar, orientación psicoeducativa, acollemento, asesoramento ás súas familias ou ata atención médico-sanitaria e de psicoloxía.

"Un traballo que debe prestarse nas mellores condicións e nas mellores instalacións", asegurou o presidente quen engadiu que "imos seguir avanzando na mellora da prestación dos servizos que ofrecemos desde aquí, en Príncipe Felipe, para o benestar do conxunto da nosa provincia".

Inauguración da reforma do Centro Infanto-Xuvenil Agarimo
Inauguración da reforma do Centro Infanto-Xuvenil Agarimo   Deputación de Pontevedra