A Deputación de Pontevedra arrinca a segunda metade do mandato con enerxías renovadas e unha reorganización no seu equipo de goberno.
O motivo é a incorporación de dúas novas caras ao executivo provincial: Paula Bouzós e Pablo Castillo, quen xa asumen novas responsabilidades.
Esta reestruturación foi deseñada polo presidente Luís López co propósito de "seguir sendo un referente no apoio aos municipios, a atención aos colectivos e a promoción dun turismo sostible e descentralizado".
Entre as novidades, destaca que o deputado Jesús Vázquez Almuíña, tamén alcalde de Baiona, suma a área de Turismo á súa carteira, que xa incluía Recursos Humanos e Servizos Centrais.
Pola súa banda, Paula Bouzós, concelleira de Gondomar, estréase no goberno provincial á fronte de Igualdade e Benestar Social, dúas áreas crave para o día a día das persoas.
E Pablo Castillo, alcalde de Covelo, quen tamén tomou posesión como deputado no pleno do pasado 30 de setembro, encargarase agora das áreas de Asistencia Intermunicipal, o centro Príncipe Felipe, Prevención e Asesoría.
Ambos substitúen a Nava Castro e Sandra Bastos, quen renunciaron ás súas actas dentro do proceso de renovación interna previsto polo PP para a segunda metade do mandato. Castro era responsable da área de Turismo, e Bastos, de Igualdade e Benestar Social.
O presidente Luís López móstrase convencido de que esta nova distribución de competencias e a chegada de Bouzós e Castelo "seguiremos sendo un equipo profesional, próximo e disposto a tender pontes polo ben de toda a provincia".
