A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés amence cun notable descenso de persoas ingresadas con covid-19 nos centros hospitalarios. Este mércores, a Consellería de Sanidade notifica a presenza de 34 pacientes ingresados, oito menos que na xornada do 3 de agosto.
27 enfermos atópanse en planta: 23 no Hospital Montecelo, 2 no Hospital do Salnés e outros 2 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra. A eles súmanse outros sete pacientes, os mesmos que hai 24 horas, na Unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario da cidade.
Neste mércores rexístranse 2.703 casos activos na área, 191 menos que na xornada do martes. Desta cifra, 2.669 infectados permanecen nas súas casas evolucionando da enfermidade.
Durante as últimas horas non se producían falecementos por mor da enfermidade na área sanitaria e mantéñense 189 mortes desde o inicio da pandemia e a cifra de 16.714 recuperacións, 283 persoas curadas máis que na xornada de onte.
Na última xornada realizáronse 679 probas PCR con 91 novos positivos, segundo os datos ofrecidos pola Consellería. No municipio de Pontevedra o número de casos activos é de 785, un considerable descenso de 52 positivos respecto ao martes.
GALICIA
A comunidade autónoma rexistra 1.042 positivos novos durante este mércores 4. Trátase de 205 contaxios máis respecto a os detectados este martes pero 216 menos que hai unha semana.
O total de casos activos é de 18.622 persoas en Galicia, 149 menos que o martes. E actualmente súmanse 139.948 enfermos curados, 1.186 nas últimas horas.
Por áreas sanitarias este é o número de casos activos: Vigo: 4.646 (+56) A Coruña-Cee: 4.144 (+53) Pontevedra-O Salnés: 2.703 (-191) Santiago-O Barbanza: 2.216 (-44) Lugo: 2.212 (-19) Ourense: 1.664 (-51) e Ferrol: 1.037 (+47).
O número de persoas hospitalizadas mantense en 303 pacientes, pero increméntase en 4 enfermos o número de internados nas distintas unidades de coidados críticos alcanzando os 46 casos.
A cifra de falecidos con coronavirus confirmados por Saúde Pública nas últimas horas é de 5 persoas, todas maiores de 74 anos, que deixan a cifra total de decesos desde o inicio da pandemia en 2.479 mortes en Galicia.