Descende un 9% o número de veladores na Boa Vila

Pontevedra
22 de xullo 2024

Segundo os datos oficiais do Concello de Pontevedra, o municipio ten 257 locais de hostalería con mesas e cadeiras na rúa

Terraza dos establecemento hostaleiro
Terraza dos establecemento hostaleiro / Cristina Saiz

Segundo os datos oficiais do Concello de Pontevedra, o municipio ten 257 locais de hostalería con mesas e cadeiras na rúa.

A administración local constata un descenso no número de veladores de pouco máis do 9%.

Neste este ano 2024 o importe recadado polo Concello foi de pouco máis de 171.000 euros polos 257 recibos emitidos correspondentes ás 1.589 terrazas autorizadas.

Estas cifras supoñen un notable descenso en comparación co vivido hai dous anos, xa que no 2022 eran 2.025 os veladores autorizados o que supuxo que o Concello emitise 326 recibos que supuxeron unha recadación duns 218.000 euros para as arcas municipais.

Na actualidade nas rúas de primeira categoría emítense 248 recibos, cun importe total de 167.913,05 euros, e o número de mesas con 4 cadeiras ou menos é de 1.550.

As rúas de segunda categoría supoñen 9 recibos, cun importe de 3.638,14 euros. Neste caso o número de mesas con 4 cadeiras ou menos é de 39.

    AÑO     IMPORTE RECIBOS VELADORES
    2012         164.939,23         238     1.649
    2013     164.796,96     244     1.577
    2014     182.941     266     1.740
    2015     192.254,46     280     1.790
    2016     200.665,19     290     1.959
    2017     205.720,67     297     1.907
    2018     205.579,23     299     1.893
    2019     204.378,55     299     1.893
    2020      
    2021      
    2022     218.774,51     326     2.025
    2023     188.661,45     284     1.743
    2024     171.551,19     257     1.589