Descobren a beiras do río Lérez unha variedade de flor descoñecida

Pontevedra
02 de abril 2016

O investigador pontevedrés Jaime Bernardo Blanco-Dios descubriu exemplares dunha variedade de Ajuga reptans nova para a ciencia, que levará o nome do río Lérez

Ajuga reptans var. lerezana, variedade de flor descuberta a beiras do Lérez
Ajuga reptans var. lerezana, variedade de flor descuberta a beiras do Lérez / Jaime Bernardo Blanco-Dios

O investigador pontevedrés Jaime Bernardo Blanco-Dios descubriu a beiras do río Lérez exemplares dunha nova variedade de flor descoñecida ata o momento.

Trátase dunha variedade de Ajuga reptans, planta moi frecuente en Galicia, pero que nesta ocasión caracterízase por presentar flores de cor rosa, en lugar de azuis como na variedade típica.

Esta flor foi localizada nas parroquias do Campo, en Campo Lameiro, e nas de Lérez e Mourente, en Pontevedra.

Dada a singularidade da flor, será descrita como variedade nova para a ciencia no número do mes de maio da revista especializada Bouteloua, explica o investigador pontevedrés, co nome de Ajuga reptans var. lerezana.

Blanco-Dios atopou con anterioridade outras novas variedades de flor na comarca, como recentemente ocorreu cun narciso (Narcissus bulbocodium).