Desconvocada a folga en Renfe

Pontevedra
23 de novembro 2023

Estaba prevista unha primeira xornada de folga para este venres 24 pero finalmente os sindicatos de Renfe e Adif acadaron un acordo co Ministerio de Transportes

Tren na estación de Pontevedra
Tren na estación de Pontevedra / Mónica Patxot

Sindicatos de Renfe e Adif lograban alcanzar un acordo co Ministerio de Transportes durante a xornada deste xoves e, deste xeito, desconvocaron a folga prevista para varias xornadas, a primeira delas para este venres 24 de novembro.

Segundo fontes sindicais, o ministerio garante a integridade das dúas empresas, o mantemento dos persoais e que as xestións para o traspaso a Cataluña o servizo de proximidade e para dar entrada a unha compañía privada en Renfe Mercadorías levarán a cabo por persoal da compañía pública.

En Galicia, a primeira xornada deste paro afectaba a 38 liñas de ferrocarril, oito delas tiñan inicio de viaxe en Vigo con destino a Santiago, A Coruña, Porto e Madrid.

Durante esta semana rexistráronse diversos incidentes nos trens de proximidade afectando á estación de trens de Pontevedra con atrasos en numerosas viaxes matinais.

A pesar desta desconvocatoria, Renfe informa que a programación normal de trens podería verse alterada igualmente, ao ter que recuperar as frecuencias a última hora. Así, admiten que haberá algunhas incidencias á primeira hora que se irán normalizando ao longo do día