Unha representación da Asociación de Bailaríns de Marín reuníronse este mércores no Concello coa alcaldesa, María Ramallo, para trasladar a exitosa tempada que tiveron.
Lembraron na recepción a súa clasificación nas finais do Youth America Grand Prix celebrado en Nova York onde actuaron con dúas coreografías. Tamén participaron en certames celebrados en México, dentro de España en Barcelona e Aranxuez e no contexto autonómico en Santiago.
No Dance Open America de Aranxuez, por exemplo, Teo García fíxose co primeiro premio en categoría clásica individual masculina; Nicolás Capelo, primeiro en individual contemporáneo; Ainhoa Souto, en senior contemporáneo e na cateogría de tríos contemporáneo, o formado por Daniela Gago, Julieta Borré e Victoria Oltra. Tamén obtiveron primeiros premios en coreografías grupais con dúas das presentadas nesta pasada tempada.
A Asociación fixo mención á axuda do Plan Social Ence para facer posibles os desprazamentos que realizaron e que deron visibilidade ao colectivo marinense.