Desembarcan en Marín 32 helicópteros para loitar contra o lume

Marín
07 de xuño 2013

O Porto de Marín converteuse un ano máis en centro de recepción de helicópteros procedentes de Sudamérica a través de CCNI (Compañía Chilena de Navegación), unha das liñas regulares transoceánicas coas que conta o Porto. No prazo de 3 días descargáronse nos peiraos Adolfo Reboredo ata 32 naves que estiveron a traballar en labores de extinción de incendios en países americanos e continuarán o seu labor en diferentes puntos da península durante a tempada estival

O Porto de Marín converteuse un ano máis en centro de recepción de helicópteros procedentes de Sudamérica a través de CCNI (Compañía Chilena de Navegación), unha das liñas regulares transoceánicas coas que conta o Porto. No prazo de 3 días descargáronse nos peiraos Adolfo Reboredo ata 32 naves que estiveron a traballar en labores de extinción de incendios en países americanos e continuarán o seu labor en diferentes puntos da península durante a tempada estival.

Os helicópteros foron transportados nas adegas dos buques portacolectores CCNI Tumbes e Alamosborg, ambos os dous consignados por Agunsa Europa e con orixe nos portos de Boaventura (Colombia) e Balboa (Panamá), respectivamente.

Este é o terceiro ano consecutivo que o Porto recibe este tráfico de helicópteros, que tras a súa descarga en Marín son trasladados por estrada a diferentes puntos do centro e sur da Península salvo dúas das naves que abandonaron o Porto polos seus propios medios.

Marín é novamente o Porto elixido para esta operación debido ao éxito obtido en exercicios anteriores en canto aos tempos de tránsito, a seguridade das súas instalacións e a calidade coa que se realiza a operativa de descarga e montaxe das aeronaves. Pilotos e técnicos especializados desprazáronse estes días ata o Porto de Marín para participar na montaxe dos helicópteros e a súa trincaxe nos camións que os trasladarán aos seus destinos finais.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en