Despregamento dos bombeiros na rúa Riestra tras detectarse un niño de velutinas nunha fachada

Pontevedra
20 de xullo 2022

Efectivos do Corpo de Bombeiros de Pontevedra desprazáronse na tarde deste mércores ata a rúa Riestra tras recibir un aviso veciñal de que un niño de velutinas instalouse nun buraco na súa fachada. Subíronse a un guindastre e realizaron un tratamento para eliminalas

Os bombeiros eliminan un niño de velutinas
Os bombeiros eliminan un niño de velutinas / Diego Torado

Efectivos do Corpo de Bombeiros de Pontevedra desprazáronse na tarde deste mércores ata a rúa Riestra para atender unha demanda veciñal relacionada coa aparición dun niño de avespas velutinas ou asiáticas nun buraco da fachada dun edificio. 

Segundo indicaron os Bombeiros, os veciños detectaron a presenza das velutinas na fachada porque empezaron a entrar nas súas vivendas e pediron a súa intervención, de modo que se desprazaron para tentar buscar unha solución. huecos ventiacion camara de la fachad ay taponaron con conos de madera, quedó tratametno hechos

Dada a forma na que apareceu o niño, nun buraco da propia fachada, optouse por aplicar un tratamento insecticida específico para a súa eliminación. Aplicárono no sitio no que as avespas estaban aloxadas no oco de ventilación da cámara da fachada, e taponaron o orificio de saída cunhas pezas cónicas de madeira que teñen específicas para estes casos. 

A presenza do operativo chamou a atención dos transeúntes que paseaban por esta céntrica rúa de Pontevedra ao redor das 16.30 horas da tarde. Atraídos polo despregamento de medios e polos traxes específicos utilizados polos bombeiros, os veciños esculcaron na contorna.