Desterran á familia do xitano detido por matar a súa esposa para evitar "baños de sangue"

Vilaboa
25 de febreiro 2014

Nun comunicado, a Sociedad Gitana de Galicia condena este crime e confía en que "recaia todo o peso da lei sobre o culpable". O colectivo, representado por Sinaí Giménez, sinala que, en aplicación da Lei xitana, resolveuse a expulsión de calquera familiar do marido da vítima das provincias de Pontevedra e A Coruña para "evitar banos de sangue"

Familiares e amigos da vítima concentrados ante o cuartel da Garda Civil de Curtis
Familiares e amigos da vítima concentrados ante o cuartel da Garda Civil de Curtis / CRTVG

María Luisa Jiménez Jiménez, a muller desaparecida o domingo en Vilaboa, morreu asasinada a mans do seu marido, José Luís Cortiñas Romero. Así o recoñeceu el mesmo recoñeceu ante a xuíza. Este suceso conmocionou profundamente á comunidade xitana en Galicia, á que pertencían tanto a vítima como a súa parella. Pero as consecuencias deste crime tamén as sufrirán os familiares do agresor.

Nun comunicado, a Sociedad Gitana de Galicia condena este crime e confía en que "recaia todo o peso da lei sobre o culpable". O colectivo, representado por Sinaí Giménez, sinala que, en aplicación da Lei xitana, resolveuse a expulsión de calquera familiar do marido da vítima das provincias de Pontevedra e A Coruña para "evitar baños de sangue".

A Sociedad Gitana de Galicia "condena rotundamente calquera tipo de violencia contra as mulleres" e fai un chamamento para que imperen "a tranquilidade e a paz", e así evitar "calquera tipo de enfrontamento que poida acabar en desgrazas". Pero reitera que "toda a sociedade xitana apoia á familia da falecida e está en contra deste asasino e de todos os seus familiares directos".

En todo caso, reiteran que non se trata de "un homicidio, senón de dous", ao estar embarazada a vítima, e reproba o feito de que "exista un secuestro e unha morte preparada e organizada polo culpable, xa que utilizou o engano e a falsidade para levarse á forza a esta muller e despois asesinala e enterrarla".

A asociación conclúe o seu comunicado agradecendo o traballo desenvolvido polas forzas e corpos de seguridade e comínaos a realizar "aquelas accións que consideren oportunas para seguir evitando calquera tipo de enfrontamento".