Desvelados os gañadores da campaña 'A volta ao cole ten premio na Zona Monumental'

Pontevedra
20 de setembro 2021

O Centro Comercial Urbano Zona Monumental premiou a fidelidade dos clientes repartindo dez Ipad de 32 GB

Sorteo da campaña 'A volta ao cole ten premio na Zona Monumental'
Sorteo da campaña 'A volta ao cole ten premio na Zona Monumental' /

O Centro Comercial Urbano Zona Monumental fixo públicos os resultados do sorteo realizado no marco da campaña 'A volta ao cole ten premio na Zona Monumental'.

A asociación de comerciantes premiou a fidelidade dos clientes repartindo dez tabletas Ipad de 32 GB.

Os gañadores foron:

  • María González por unha compra en Ricar.
  • Manuel Losada por comprar en Emilia Rey Covelo.
  • Angeles Mirón, que realizou a súa compra en Frutas Rosales.
  • Pere Castro, que realizou a súa compra en Xoiería Pilar Álvarez.
  • José Leal, que realizou a súa compra en Carnicería Froiz.
  • Mª José Fontán por comprar en Frutería Pablo e María.
  • Mª Carmen Lemos por comprar en Xoiería Pilar Álvarez.
  • Mª Carmen Peleteiro, que realizou a súa compra en Mercaplaza.
  • Lucía Curros, que realizou a súa compra en Carnicería Froiz.
  • Emma Ucha, que realizou a súa compra en Emilia Rey Covelo.


Desde o CCU Zona Monumental informan que se poñerán en contacto cos gañadores e, no caso de non lograr localizalos, pasarán a chamar ao suplente correspondente na lista elaborada tras o sorteo da campaña.