Deteñen por agredir á súa exparella en Vilagarcía un home con orde de afastamento vixente

O Salnés
03 de maio 2026

Sucedeu na noite de sábado a domingo en Vilagarcía de Arousa. O home foi detido e posto a disposición xudicial

Coche da Policía Local de Vilagarcía
Coche da Policía Local de Vilagarcía / Concello de Vilagarcía de Arousa

Un home foi detido en Vilagarcia de Arousa acusado dun presunto delito de violencia de xénero.

Sucedeu na noite de sábado 2 a domingo 3 de maio.

As forzas da orde recibiron un aviso por unha forte discusión nunha vivenda da Rúa da Coca, no barrio vilagarcián das Carolinas.

Até alí desprazáronse axentes tanto da Policía Local de Vilagarcía como da Policía Nacional.

Unha vez no lugar comprobaron que o aviso se trataba dun caso de violencia machista, cunha presunta agresión dun home de 37 anos, veciño de Vilagarcía, á que fóra a súa parella sentimental, de 26 anos e veciña de Moraña.

A Policía comprobou no sistema de seguimento integral de casos de violencia de xénero que o home contaba cunha orde de afastamento en vigor cara á súa exparella que lle impedía achegarse a menos de 200 metros dela, da súa casa ou do seu lugar de traballo.

Debido a iso foi detido e trasladado ao calabozo previo paso a disposición xudicial.

Pola súa banda a vítima, que presentaba un estado de alteración e varias feridas, foi acompañada a un centro sanitario.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora