Deter o reloxo da túa pel é posible seguindo estes consellos expertos

Pontevedra
18 de abril 2022

Que podo facer para evitar o envellecemento na miña pel? É posible contrarrestar os signos do paso do tempo? O equipo de Medicina e Cirurxía Estética do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez responde a todas estas cuestións

Equipo de Medicina e Cirurxía Estética (de esqda. a dta.: Virginia Archanco, médico especialista en Medicina Estética; María Carballo, asesora de privados; María Jesús Álvarez, médico cirurxiá plástica)
Equipo de Medicina e Cirurxía Estética (de esqda. a dta.: Virginia Archanco, médico especialista en Medicina Estética; María Carballo, asesora de privados; María Jesús Álvarez, médico cirurxiá plástica) / Quirónsalud Miguel Domínguez

O envellecemento facial comprende unha serie de fenómenos que dan lugar ao aspecto envellecido co paso dos anos, e é que son moitas as persoas que se preguntan cando empeza a notarse este proceso de envellecemento na nosa pel.

Pois ben, a resposta é que a pel comeza a envellecer a partir dos 25 anos, onde podemos apreciar pequenas engurras ao redor dos ollos e algunha imperfección cutánea como manchas ou marcas por acne. Pequenos signos que dependen en gran medida da xenética, a exposición solar, o tabaco e o estrés. Pero tamén inflúe moito a alimentación no estado da pel, unha dieta equilibrada axuda a manter a pel sa e bonita.

Estes signos irán en aumento, pero ao achegarse á premenopausia, a partir dos 40 anos, os cambios son máis acusados xa que imos producir menor cantidade e de máis baixa calidade tanto de coláxeno como de elastina, coa consecuente perda de firmeza da pel, que se volverá máis fina nas súas capas profundas e máis grosa nas superficiais, facéndose visibles engurras profundas, sequidade cutánea e manchas máis marcadas.

Que podo facer para evitar o envellecemento na miña pel?

Pois ben, para evitar estes signos naturais da pel co paso dos anos será moi importante o coidado diario a través do uso de cremas hidratantes, protector solar, levar unha dieta variada e equilibrada, durmir as horas suficientes…

O envellecemento da pel é unha suma de factores e os tratamentos médicos e cirúrxicos actúan sobre cada un deles

Pero con tantos factores asociados e tantos fenómenos fisiolóxicos concorrentes, esas ganas de deter o reloxo, incluso tendo uns hábitos diarios saudables, pódennos levar á suma de varios actos, médicos e cirúrxicos, para actuar sobre cada un deles: mellorar a hidratación e a calidade da pel mediante peelings e mesoterapia, diminuír as engurras empregando Botox e ácido hialurónico, recuperar o volume mediante substancias de recheo máis profundas, extirpar a pel sobrante como a das pálpebras, retensar os músculos realizando un lifting facial, recuperar o volume dos beizos e dos pómulos mediante lipotransferencia...

Pero as estruturas profundas tamén se resenten: pérdense as capas graxas debaixo da pel, os músculos perden volume e vólvense fláccidos e o óso reabsórbese, sendo máis notable nas pálpebras, pómulos e ao redor da boca, resultando un cambio de reestruturación facial que proporciona o aspecto senil.

Non existe un tratamento único para todos, senón específico para cada paciente

En canto aos procesos médicos e cirúrxicos hai que ter en conta que o proceso de envellecemento é diferente en cada paciente, e como consecuencia a isto podemos afirmar que non existe un tratamento único para todos, senón un tratamento específico para cada paciente en cada fase de envellecemento.

A capacidade de establecer estas diferenzas no diagnóstico e a terapéutica é o que fai necesaria a valoración por un médico especialista, con capacidade para integrar os distintos tratamentos adecuados para cada paciente.

 

* Este artigo foi elaborado por:
María Jesús Álvarez, médico cirurxiá plástica do Servizo de Cirurxía Plástica Quirónsalud Miguel Domínguez
Virginia Archanco, médico especialista en Medicina Estética da Unidade de Medicina Estética Quirónsalud Miguel Domínguez