Detidas catro persoas en Vilagarcía por venda e distribución de droga

O Salnés
22 de xaneiro 2024

Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial, os detidos foron interceptados polos axentes cando levaban a cabo diferentes transaccións de droga en plena vía pública

Material intervenido pola Policía Nacional
Material intervenido pola Policía Nacional

A Policía Nacional detivo catro veciños de Vilagarcía de Arousa por un delito de tráfico de drogas.

Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial, os detidos foron interceptados polos axentes cando levaban a cabo diferentes transaccións de estupefacientes en plena vía pública.

Ademais, a Policía rexistrou unha vivenda da zona onde detiveron a estas persoas e incautáronse 18 bolsas termo seladas de cocaína para a súa distribución en dose, 37 gramos de cocaína e unha báscula de precisión.

Noutro dos dispositivos, que levou a cabo polo servizo de radiopatrullas e grazas á colaboración cidadá, incautouse unha mochila que contiña un quilo oitocentos gramos de haxix, en varios paquetes embalados en plástico.

Desde a Comisaría resaltaron o labor das unidades de investigación e as radiopatrullas xunto coa delegación de participación cidadá, a través da cal se canalizan as queixas veciñais pola existencia dos puntos negros.